03/09/25
SOLASTALXIA
01/09/25
QUE PODO COLECCIONAR?
A xove fada Catusiña,
cando non xoga coa variña,
non sabe que argallar.
A súa amiga Analía
díxolle que podería
algo coleccionar.
Que me poderá gustar?
empeza a preguntar.
- Hai quen colecciona cromos.
- Iso non me gustará.
- Tamén coleccionan selos
- Iso non me gustará.
- Ou coleccionan insectos.
- Non! Non me gustará!
Que me poderá gustar?
segue a preguntar.
- Hai quen colecciona cadros.
- Iso non me gustará.
- Tamén coleccionan xerros.
- Iso non me gustará.
- Ou coleccionan follas.
- Non! Non me gustará!
Despois de tempo pensando,
coidou que viaxando
podería atopar
algo que coleccionar.
E si...
E recolleu:
pó de estrelas,
area do mar,
terra fresquiña de cada lugar.
E recolleu:
vistas fermosas,
colores sen par,
asexos curiosos e doce ollar.
E con todo iso...
Non fixo álbums,
nin exposicións.
Fixo poesías
e lindas cancións.
Agora a fada Catusiña,
cando non xoga coa variña,
non se pode aburrir,
recolle verbas fermosas
e palabras curiosas
para despois escribir.
Cantas coñeces ti?
29/08/25
A SEGURIDADE NO AEROPORTO
A quen lle guste
moito viaxar
pasar polo aeroporto
vaille custar:
cacheos infames,
portas con raios,
se tes que baleirar o bolso...
dáche un desmaio!
Pítanche as chaves
sénteste delincuente,
pásanche o escáner
se es diferente.
Coa escusa da seguridade
perdemos o tempo
de xeito alarmante.
20/08/25
ADIVIÑA O BICHO
Buscamos un bichiño
moi delgadiño
que non posúe
nin ás nin antenas
e vive sempre
debaixo da terra.
Pon ovos
e non ten seis patas.
Non corre, non salta
senón que se arrastra.
E algunha xente
con picaresca
recóllena viva
e lévana de pesca.
16/08/25
FUME DE LOITO
FUME DE LOITO
01/07/25
TOMALO CON CALMA
Presinto que hoxe
un bo día será.
Érgome con calma...
todo se andará!
Non importa se o leite
polo lume se botou,
nin se ao pasar o ferro
a saia queimou.
Non importa que no garaxe
apareza unha columna máis
e, que nun despiste,
un rascazo luza a porta de atrás.
Xa na rúa non atopo un aparcadoiro,
todo está ocupado,
levo o auto lonxe
e... veño camiñando!
Na oficina hoxe
non vai internet,
non importa, tranquila...
para as mensaxes que hai que ler!
Presinto que hoxe
un bo día será.
Bo día a todas.
Todo se andará!
24/06/25
VACACIÓNS!
Estou cansa,
estou derreada,
ao medio da semana
non podo coa alma.
Que farei o venres
se non me recupero?
Non durmo, non como,
Ai! que desespero!
A miña forza caeu ben ao fondo...
Estou precisando
dunhas vacacións
e irme ben lonxe,
canto máis mellor!