16/08/25

FUME DE LOITO

 FUME DE LOITO

Asasinato orquestrado,
calculado,
da vida no monte.
Tinguido de negro o solo
(un deserto con traxe de fogo).
Ceo cuberto por unha escura capa
amosando fume de loito.
Aire onde quedan presos,
impotentes, os berros.
Chora desconsolada a lúa
ao ver que, o que era verde,
hoxe é terra núa.
Todo, todo chapicado de cinza.
Fogares que se baleiraron
coa horrible proximidade das lapas.
Tristeza infinda.
Non queda xa nada.
Azucena Arias Correa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.