Amosando publicacións coa etiqueta ADIVIÑAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ADIVIÑAS. Amosar todas as publicacións

06/01/26

ADIVIÑARÁS?

 Tapas de cartón adornadas

precisan ser fortes porque gardan

follas e follas con palabras

que se esvaerían no vento

se non estivesen encerradas.





27/10/25

O OUTONO

 

Chegou a estación

na que os bosques choran

follas caducas douradas 

e na que as pingas de vidro

polo vento son roubadas.

Chegou a estación

onde se escoitan os paxaros

planificando o seu voo

para fuxir da friúra

que, cando veña o inverno,

traerá a nevada.

20/08/25

ADIVIÑA O BICHO

 Buscamos un bichiño

moi delgadiño

que non posúe

nin ás nin antenas

e vive sempre 

debaixo da terra.

Pon ovos

e non ten seis patas.

Non corre, non salta

senón que se arrastra.


E algunha xente

con picaresca

recóllena viva

e lévana de pesca.




20/01/25

ADIVIÑAS DE QUEN SE FALA?

 DENDE A ANTIGÜIDADE

AMOSEI QUE SON CAPAZ

DE SER BOA MENSAXEIRA.

AGORA ADOPTÁRONME, 

PORTANDO RAMA DE OLIVEIRA,

 COMO SÍMBOLO DE PAZ.

02/01/25

ADIVIÑAS CAL SERÁ?

 A un pasiño de xaneiro,

en decembro, mes derradeiro,

soan as campás de medianoite.

E contando ata doce,

ao compás do reloxo,

cómese unha froita 

pedindo desexos para o ano novo.


Cal será esa froita?

21/12/24

QUEN SON? PODES ADIVIÑAR?

 

Vivo no monte,

teño aspecto elegante,

pero ao chegar o Nadal,

lévanme á casa para disfrazarme

con colorido abundante

e luces brillantes.

01/10/24

ADIVIÑA... ADIVIÑAS?

 Capas douradas

con púas cravadas

gardan un tesouro

que en forma de zonchos

ou asado ao forno

gústame moito

cando chega o outono.

20/07/18

ADIVIÑA, ADIVIÑA

MADRUGADOR

CON DÚAS VOANTES,

DÚAS ANDANTES

E UN PETEIRANTE.


SABES QUEN É 

ESE BICHO CANTANTE?

02/09/14

ADIVIÑA, ADIVIÑA

HAI BICHOS
HAI MONSTROS,
SOAN COMO MICHOS
MAIS NON O SON.
BERRO E SÚO,
QUÉDOME MÚO,
ESCOITO BARULLOS
QUE ALÍ NON ESTÁN.
E NA ESCURIDADE
TREMO MOITO MÁIS.

QUE TEÑO?
PODES ADIVIÑAR?