ARRISCARSE
PARA SOBREVIVIR
Non
saben se esa travesía,
fuxindo
da desventura,
conducirá
ou non
á
consecución de soños
(incertos
voos
de febles paxariños
que
comezan a mover as ás).
Será
seguro a travesía da perda:
do
seu espazo,
da identidade,
da
cultura.
Unha
viaxe nun feble flotador
coa pretensión
de
manter a salvo
de
vagallóns e maremotos
as
ilusións
e
os devezos de futuros marabillosos.
Viaxantes
da brisa e da escuma
que
anhelan chegar á praia
e
atopar as cunchas do caurí
que
prognostiquen boa fortuna.
Ese galano incerto
que imaxinan alén do mar
fan que se arrisquen a cruzar fronteiras
e suquen as liñas das ondas
cara a un norte prometedor.
Mais
non é emigración
é
escapada, fuxida,
na
procura dunha vida.
Todo
o corpo alerta:
Os
ollos á espreita
na
procura dunha luz que alume,
que borre a incerteza da bruma,
que
indique o camiño no escuro.
Os
brazos cansos
de
loitar contra as ondas para avanzar
e evitar nadar na nada.
O
corazón ferido
inzado
de desexos
-que ogallá non sexan espellismos
nin
cubos de xeo no deserto-.
Fálalles
o mar queixoso,
-inda que non ten culpa-,
quixese estar sementado de penedos
para darlles apoio
nun camiño que se fai longo.
Perseguindo
un futuro que lles venden,
ou
se lles antolla que está preto
(a
tan só uns cantos golpes de brazos e pernas),
pérdense
bastantes nas salgadas augas,
intúeno,
mais só teñen ante si a saída,
detrás
non teñen, non hai nada.
Mais
non é emigración
é
escapada, fuxida,
na
procura dunha vida.
Só queren fuxir da miseria, do medo, da dor
coa forza da solidariedade.
Só queren mellorar, afastarse
da fame,
inda que eslimen sobre a inseguridade.
Só queren buscar fíos resistentes
para manexar os palillos no encaixe da vida.
Mais atopan sombras,
decepción,
unha
hostil acollida.
Hai na terra da prosperidade
peitos cheos de xeo
e
odio
que medra no niño da discriminación.
Mais
non é emigración
é
escapada, fuxida,
na
procura dunha vida.