Toda persoa somerxida na lectura sofre un impulso de aventura, creatividade, imaxinación, aprendizaxe e liberdade mil veces superior á cantidade de parágrafos lidos.
06/01/21
31/12/20
MALA CHISPA TE COMA 2020!
O 2020 MORREU DE AVITAMINOSE,
SÓ, TRISTE, DESAMPARADO;
SEN AGARIMOS E BEIXOS,
SEN XUNTANZAS E CALOR HUMANO.
FALTOULLE VITAMINA DE APERTAS.
ALÁ SE FOI ESTE ANO!
O 2020, BISESTO INTERMINABLE,
CHEO DO SALGADO DE BÁGOAS,
SEN A DOZURA DUN BICO,
SEN XENTE NO CABODANO.
FALTO DE ACENOS E SORRISOS.
ALÁ SE FOI ESTE ANO!
21/12/20
ATOPÁRONA DEBAIXO DOS ARBUSTOS
Estaba morta.
Era a
primeira morte ocorrida nese lugar durante aquel tórrido período estival.
Tratábase
dunha morte prematura.
Atopárona
no extremo do xardín, xusto debaixo do dos arbustos de érbedo.
Estaba derrubada, retorta.
O cambio
de coloración era evidente: apagado e amarelento.
No se
sabe canto tempo podería levar alí naquel estado, pero en todo caso pasaran máis
de vinte e catro horas.
Se
houbese un parte de defunción diría: “morte por deshidratación”.
Pero… non
se emiten partes de defunción deste estilo para as plantas.
12/11/20
SOIDADE
De tanta soidade
esqueceu falar
e nin as vogais pronuncia xa con claridade.
30/06/20
FALABA O RÍO
12/04/20
QUEN NON TEN CABEZA, DEBE TER PATAS
Había unha vez un rato
que tiña a súa
vivenda
nun moi coqueto
burato
bastante lonxe
das tendas.
Todas as mañás
saía
coa bolsa e co
carriño
facer as
compras do día
e volvía cargadiño.
Para non
esquecer o recado
repetía
paseniño
a súa inmensa
listaxe:
xurelo, sardiña
e tarta,
pan e xamón en
friame,
media pataca
parda
e un queixo
aromatizado.
Ía recitando a
lista
como se fose
unha historia.
A ver se non se
despista,
pois non a sabe
de memoria!
Pero encontrou
na rúa
a
súa amiga a chinchilla
que levaba con carrúa
unha baleira
carretilla.
Canto tempo sen
se ver!
Canto tiñan que
contar!
Falaron sen se
deter:
do fillo
pequeno da irmá,
da colleita de
abelá,
do tempo que fará
mañá,
da ferida da
curmá
e de bla, bla,
bla, bla, blá.
O rato estaba
contento,
mais decátase
de pronto
que non mercara
o sustento.
Pero o máis
grave, se cabe,
é que esquecera
a listaxe.
-
Que sería o que quería?
-
Que precisaba comprar?
Como se
desacordaría
do que tiña que
mercar?
Algo (pouco)
foi lembrando
cando se
achegaba ás tendas
e lle ían
preguntando
as que facían
as vendas:
-
Señor rato, que quería?
-
Creo que un xurelo fresquiño
e unha pouca sardiña.
-
Señor rato, que quería?
-
O mellor xamón curado
que hai na carnicería.
-
Señor rato, que quería?
-
Esa caixa de galletas
e pasteliños do día.
-
Señor rato, que quería?
-
Un cachiño desa oliva
que teñen na froitería.
-
Señor rato, que quería?
-
Un molete de pan quente
feito na panadería.
-
Señor rato, que quería?
-
Unha tarta de vainilla
con nata e moi, moi fría?
Pensa o rato
satisfeito:
“Con tento e amodo
creo que xa
merquei todo”.
E regresou para
a casa
co seu carriño
ateigado
e a bolsa chea
ata a asa
con paso moi
apurado.
Mete as compras
na artesa
e rematado o
traballo
vai coller a
recompensa
o merecido
agasallo...
-
O meu queixo! Que moinante!
Con tanto leria que leria
esquecín o importante!
-
Como resolver o problema
Se non regreso á tenda?
Así que tivo
que volver
Mercar o queixo
e dicindo:
-
Non me volverá a ocorrer,
serei algo máis precavido!
Dende entón sae
ás mañás
facer as
compras calmado,
cun papeliño
nas mans
no que ten todo
anotado.
Pode con
calquera falar
e parar no
escaparate,
seguro xa pode
estar
de non esquecer
nada importante.
01/11/19
E NON SABÍA CROAR
Vouvos contar unha historia,
unha historia singular:
Era unha ra
moi noviña
que non sabía...
CROAR.
Os bichos da charca
non deixaban de murmurar:
non berra,
non canta,
non sabe croar.
Un día levaron o asunto
a persoal avezado:
non fala,
non berra,
non canta,
non sabe croar.
- Non será unha rá
que acaba de chegar?
Investigade primeiro
se vén do estranxeiro.
Investigar investigaron,
mais seguía sen croar.
E entón levaron o asunto
a un chamán afamado:
non chía,
non fala,
non berra,
non canta,
non sabe croar.
- Tal vez cun fervido
de herbas medicinais
mellore da gorxa
e poida croar.
Despois dunhas cuncas
de herbas fervidas
á ra noviña
xa puido falar:
croa-croa, croa, croa croá.