31/10/24

NADA DE ESCOLA

 

Se naquela escola

hai nenas e nenos,

a ninguén lle importa

que haxa un menos.

Eu vou quedar

na casa durmindo,

non quero, non quero,

seguir escribindo.

Sáeme mal o  eme

e tamén o a

e sen esas letras

non escribo mamá.

A mestra insiste,

mais non quero aprender,

vou quedar na casa

para que vou ler?

Na casa escríbese

con ordenador

e hai  varias historias

no televisor.

Coa calculadora

eu podo sumar,

nunca se equivoca,

non hai que pensar.

Iso de ir á escola

non vai comigo,

non entendo nada

é todo moi antigo.

Agardo que inventen

algo máis moderno

e mentres eu durmo

todo o inverno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.