Andando devagar
Hai un peixe home
que vive en Sol,
unha porta do Atlántico
en lugar de farol,
un nadador
que non flota no mar,
un barco pesqueiro
non pode navegar.
Redeiros musculosos
traballan con forza,
unha ninfa con frautas
da poesía goza,
Rosalía de Castro
le dentro dunha fonte
e hai cabalos negros
que non veñen do monte.
...
Todo isto e máis
poderás atopar.
Paseando Vigo...
andando devagar,
espertando as rúas ao camiñar.
Vigo,
no seu solo, plantaron
os pobos a cultura;
o maxín e as verbas perdéronse
polas paredes
e as pegadas das xentes
fixeron as rúas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.