Silencio cómplice
provocaron a caída da súa alma aos pés,
denegriron e envelenaron o seu espírito,
abatérono e virárono do revés.
A súa ánima era un campo de batalla
onde vencían os pesimistas sentimentos
impregnando e encollendo o corpo todo.
Convertido o corazón en pétrea masa
parecía ter fobia ao mundo e á expresión,
non comunicaba ren do que sentía...
Agachaba as inquedanzas e a dor
no fondo dunhas doridas entrañas
ateigadas de aceda e cruel decepción.
A piques de sobordar todo o alí apertado
só precisou dunha pinga máis,
dunha aguilloada certeira,
dun golpe que o fixo estoupar.
Abriuse a súa caixa de Pandora
e nun segundo todo explotou,
toda a furia alí enlatada
brotou incontrolada
cal cracatoante lava
abrasando a aba das emocións.
Suspirou profundamente con
alivio,
(xa o aire cabía no interior)
limpando algunha peste da de dentro,
permitíndolle albiscar a liberación.
Inda sumida no pozo da desesperanza
e asolagada polo que reprimiu noutrora
ve unha luz lene alá na cima
e cre que a salvación preto se atopa.
Rubir cara a luz era o desexo
e para iso, para saír, debía
abandonar aquela mudez preventiva
que se convertera en segredo arrepiante
O silencio... o control, era -certamente-
unha agresión mortal ao seu futuro
permitindo que toda a rabia e a anguria
se acazapase firme no escuro
e non foxa espavorecida entre os dentes.
Precisaba dun máxico esconxuro
que trasladase aos beizos dende a mente
o nome do problema e disipalo.
Aco-so, aco-so, aco-so...
Tatexouno, obrigándose a nomealo
acoso, acoso, acoso
escanciouno lentamente
e cuspiuno decidida para botalo.
Premio de poesía no VI Concurso Literario "Rosa de Cen Follas"
![Entrega de premios do VI Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen ...](https://copgalicia.gal/system/files/p1050644.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.