ESTE É UN ESPAZO PARA COMPARTIR SOBRE A LITERATURA
Un día un vermiño
parouse a pensar
o ben que estaría
botarse a voar.
Como só non podía
tivo que artellar
un plan enxeñoso
para o seu soño lograr.
Púxose nunha folla
e ao chegar o vento
levouno voando
moito, moito tempo.