Facho que alumeaches
coa
túa luz conspicua
achegando
amenceres
ao tempo
fusco da lingua.
Con lírica emoción
usaches o idioma
das ondas,
do devalar das
mareas,
do desfilar
continuo do tempo,
do aroma das
roseiras,
das efémeras
folerpas,
do zafrear rítmico
do vento,
do escintileo das
estrelas, ...
Calíope
de perentoria pluma
que,
con verba certeira,
denunciaches
estruturas
de desigualdade,
opresivas,
de abuso e inxustiza...
ou os actos que degradan,
ou que vilmente agachan
a nosa alma
cultura.
Ninfa
construtora de versos,
loitaches contra
cairos e poutas
empuñando a espada
das letras
para evitar que
esgazasen
os piares da
convivencia
e para animar a rachar
os elos das nosas
cadeas.
Unha loita
comprometida,
unha loita, inda
vixente,
que
sinalaba outrora
o
que hogano, por desgraza,
faise
cada vez máis presente:
a
hostilidade á diferenza,
tiranía
e clasismo,
aporo
e xenofobia,
abuso
de poder e clase...
Da
literatura referente,
prendidas
nos teus poema
achamos
as sementes
do que
somos e sentimos,
dos
alicerces da lingua,
dos seus
cimentos, da base.