Un planeta berra
atrapado e inerme
sobrevivindo apenas
a violencias diversas
que se amosan así, sen vergoña,
a descuberto, sen máscaras.
Atrapado entre as bombas,
os malfeitos e os conflitos,
a hecatombe,
as inxustizas e os delitos,
non pode fuxir, nin defenderse.
Sofre...
corcosendo as feridas como pode...
Amosando fortaleza
e exhibindo a súa mellor face,
aquela que concorda coa etiqueta,
co alias que se lle deu dende o espazo:
"Planeta azul".
Por canto tempo desa cor?
Por canto tempo onda o Sol?