Veño con frío, con sono, mollado.
Veño buscando o que non teño.
Veño con fame, sedento, cansado.
Fáltanme os cartos e o sustento.
Dende hai anos só teño esperanza
e non me permito sentir añoranza.
Chego ao norte, estraño, esgotado.
Chego feble e moi asustado,
mais... que teño que perder?
vou seguir loitando.